-
“Mentras o seu compañeiro Rato rouba millóns
e os delincuentes distinguidos por Crespo seguen condecorados ,o alcalde de
lalín quere Leis especiais para extranxeiros” dinalan dende o PSdeG-PSOE local
-
O PsdeG-PSOE de lalín levará de novo a Pleno
a revisión do réxime de honras e distincións locais.
O socialista lalinense Nicolás
González Casares denunciou hoxe que “o Concello segue sen retirarlle as honras e
distincións que Crespo entregou a un condenado a 53 anos de prisión por matar a
súa filla entre outros deitos e outro por abusos a menores” e contrasta esta
actitude do alcalde con que “por outra banda pide Leis que castiguen con mais
severidade aos delincuentes cando sexan de orixe extranxeira”.
Así os socialistas lamentan “ a xenófoba
actitude dun alcalde que non so se representa a sí mesmo se non que é o que
representa a toda a Vila,polo que estamos seguros de que miles e miles de
lalinenses están avergoñados das súas actitudes, a pesares de que él considera
que o seu populismo neste tema pode reportarlle réditos electorais”.
Dende o PsdeG-PSOE local lembran que foi o
alcalde quen ”pola súa conta e risco, sen levalo a Pleno, porque lle dou a gana
fixo o recoñecemento a dúas persoas que rsultaron ser un asasino e un abusador
de menores “ e afirman que “evidentemente o alcalde non ten ningunha
responsabilidade neses feitos pero sí tiña que retirar de xeito inmediato e
facendo exame de conciencia esas distincións” pero como afirma González Casares
“o alcalde é duro cos extranxeiros que sofren a miseria e fan roubos
menosres,pola contra é distraído cos delitos mais graves que se producen na
nosa vila so porque foi él quen os distinguía aos seus autores por ser afíns”.
Así os socialistas levarán ao vindeiro Pleno
que o réxime de distincións locais “sexa revisado e que so se outoguen aquelas
distincións que pasen polo Pleno municipal e non aqueles que un día se lle
ocorren ao alcalde e que pola súa imprudencia deixan en moi mal lugar a Lalín”
No hay comentarios:
Publicar un comentario