PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 12 de diciembre de 2014

GONZÁLEZ CASARES CUALIFICA DE “SILENCIO DA VERGOÑA” A FALTA DE RESPOSTA DO PP POLO REPARTO PROPAGANDÍSTICO DE AXUDAS

  • É evidente que eran conscietes de que estaban a facer un acto vergoñento” sinalan dende o PsdeG-PSOE
  • Esperamos que ningún lalinense teña que volver pasar por esa situación” reclama o candidato lalinense.


O socialista lalinense cualificou hoxe como “silencio da vergoña” a falta de resposta do Goberno Municipal tras as denuncias socialistas de que Crespo e Paz Pérez, acompañados do Presidente da AED, entregaron os vales para axudas escolares a familias que o precisaban nun acto propio dun rexime populista e bananeiro.

Foi un acto de propaganda indigna, ningún político con escrúpulos faría iso, pero no Goberno local de Lalín non abunda esa especie” afirman os socialistas que engaden que “algo debeu doer que lles saquen as vergoñas pois calan, son conscientes de que se aproveitaron das desgrazas dos cidadáns para vender como propias axudas que fai o Concello de Lalín”.

Lamenta que “habitualmente a política social deste Concello segue este esquema: o cambio de dereitos por favores e ese acto en dúas tandas é un exemplo que como actúa o PP contra a pobreza e as necesidades sociais: so buscan un rédito electoral”.Así González Casares lembar como o alcalde de Lalín “pensaba que correr apostando un chuletón era un acto solidario, cando todo o mundo observou que era unha medida lamentablemente propagandística,pero non foi capaz de percibilo pois a súa sensibilidade social e empatía son nulas”

Os socialistas de Lalín porpoñerán en Pleno “que se prohiban de forma inmediata e efectiva calquera entrega de axudas sociais dun modo público e que non respecte a dignidade da xente que precisa das mesmas” e afirman “que as queixas da xente afectada eran fortes e provocaban rabia e impotencia “ pois admeias de “facelos pasar por ese trance en moitos casos no se lles resolveu o problema que tiñan e aínda están esperando para ver cómo canxean os seus vales”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario