- “Non hai nada para o CAR, nin para a Rolda Este, nin para rebaixar a AP-53, nin para o Edificio de Medio Rural...non hai nada, so miseria” afirma Nicolás González Casares.
- “É de supoñer que mañán mesmo Crespo se plantará en Santiago para manifestarse e Román Rodríguez votará en contra desta desfeita” sinalan os socialistas
- “Estes orzamentos veñen a confirmar a marxinación de Lalín dende que Feijóo asumeu á Xunta de Galicia, todo está parado”.
O
Sº Xeral dos socialistas lalinenses, Nicolás González Casares
,valorou hoxe os paupérrimos orzamentos da Xunta de Galicia para o
ano 2015 no referente a Lalín denunciando que “a Xunta de Galicia
do Sr Feijóo non cre en Lalín e ano tras ano o ven demostrando,
dende o ano 2009 os investimentos caen e as grandes necesidades de
Lalín non son atendidas”.
Así
os socialistas afirman que “Feijóo abandoa a Lalín, moita
papatoria con Crespo pero a hora da verdade fai como o Goberno de
Rajoy: para Lalín so miseria” e sinalan que os grandes temas de
Lalín que foron anunciados de xeito reiterado polo PP en boca de
Crespo, de Román Rodríguez ou do mesmo Feijóo son papel mollado e
enganos reiterados.
González
Casares sinala como exemplo a falta de investimento para o CAR “
non hai un peso para investir na Sanidade lalinense, fixéronse
expropiaciónspero non hai nada de nada” e “queremos escoitar a
opinión dos que pedían un Hospital en tempos do bipartito e agora
non son quen de reclamarlle á Xunta que invista no CAR” . O
voceiro dos socialistas lalinenses tamén lémbralle a Román
Rodríguez “que non volva a mentir como todos os anos e nos fale de
partidas xenéricas ou do Hospital de Pontevedra, pois cada ano queda
como o que é : un político que engana aos cidadáns de xeito
compulsivo”.
Así
os socialistas manifestan que nos orzamentos non hai rastro de
proxectos como a mellora da Ronda Este, do Edificio de Medio Rural do
que xa case daban por iniciado hai 5 anos, da ampliación de Lalín
2000 ...todo son esquecementos e lembran que “unha promesa recente
como o patio cuberto do Golmar que prometeron para o vindeiro verán
tampouco aparece nos orzamentos”. O único que atopan os
socialistas é o remate do Laboratorio de Mouriscade, un proxecto xa
comezado feito coa Deputación e unha partida mínima de 27 mil euros
en cuestións ambientais que non se especifican.
Á
vista destes orzamentos dende o PSdeG-PSOE local supoñen que “Crespo
pasaría o día de hoxe en Santiago e non se moverá dalí ata que se
atendan as demandas de Lalín pois o Goberno de Feijóo estalle
tomando o pelo a él e a todos os lalinenses” e esperan que “non
haxa ninguén no PP de Lalín que teña a desvergoña de defender
esta desfeita, ademais de que esperamos que Román Rodríguez estea
xa redactando emendas que defendan a Lalín ou que opte por votar en
contra destes nefastos orzamentos para a súa vila”
No hay comentarios:
Publicar un comentario