¡
- González Aller denuncia que “minten e estafan e aquí ninguén dimite”.
- Os socialistas alertan de que “hai mais reclamacións millonarias que calquera día poden caer”.
- Chaman aos veciños a “pensar nestas barbaridades agora que están a pagar un IBI de gran cidade para pagar os pufos do alcalde”.
Os
socialistas manifestaron hoxe o seu asombro ao coñecer que a
concesionaria do Parking Europa reclámalle ao Concello de Lalín
unha cantidade cercana aos 6 M de euros dende hai case un ano. “Non
saímos do noso asombro, preguntamos no Concello , no Pleno
Municipal, ao alcalde persoalmente sobre este asunto e polo que se ve
nunca xamais dixo a verdade, é dunha ruindade política que
caracteriza ben a Crespo”.
González
Aller, o vodeiro socialista manifestou que “Crespo e os seus
secuaces mantiñan calada esta denuncia esperando a ver non saltaba
antes das eleccións de maio” e afirma que aínda que Portas non
consiga a totalidade da reclamación o que está claro é “que
temos un problema brutal que pode asfixiar o futuro financieiro do
noso Concello que está gobernado hoxe en día por auténticos
irresponsables”.
Os
socialistas acusan ao Goberno Local de “mentir e estafar aos
lalinenses pero ningún deles dimite, non teñen vergoña e este
asunto así o demostra” e lembran a “prepotencia do Concello que
nos levou a ver como se derribaba unha praza pública, parte dun
Parking, se pagaron mais dun millón de euros, o Parking leva 5 anos
pechado e non se sabe quen se vai facer cargo”.
Asi
mesmo González Aller lembra que hai mais reclamacións millonarias
pendentes como a presentada por Espina e Delín ,concesionaria da
auga, que ascende a mais dun millón de euros e outras cantidades
astronómicas polo timo do Auditorio perpetrado polo Goberno Local en
connivencia cun técnico de Urbanismo. De caer en contra todas estas
decisións que ten que tomar a xustiza “non vai chegar imposto que
pague esas barbaridades, son pufos para xeracións”.
Deste
modo González Aller pídelle aos veciños que “estes días que
están pagando o IBI, un imposto polo que en Lalín se paga mais que
en cidades moito mais grandes, se lembren de que os seus cartos son
empregados para sufragar pufos como este e reflexionen se esta
situación é a que queren para sí e os seus fillos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario