PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 10 de octubre de 2014

O PSOE DE LALÍN DENUNCIA O MAL ESTADO DO APARCAMENTO DA PISCINA E DO LALÍN ARENA




-        “Resulta increíble que non aproveitaran o verán para asfaltar esa zona e evitar que os coches queden atrapados” afirman os socialistas.

 Os socialistas lalinense alertaron hoxe do mal estado no que se atopa o aparcemento de terra que da servizo a nova piscina municipal e ao Lalín Arena “unha explanada de terra que en canto empeza a chover énchese de lama e convírtese nunha trampa para os conductores pois os coches quedan alí atrapados.

 Nicolás González Casares, Sº Xeral dos socialistas lalinenses afirmou que “ temos o goberno municipal da desidia e a chapuza e non fai nada do que piden os cidadáns e  logo fan o que ninguén lles pide” e lamentou que “pasou todo o verán e demos por suposto que se tomarían medidas e se botaría algún tipo de firme, pero agora vemos que chegan as choivas e volven os problemas”.

 Así os socialistas lembran que cando se volveu arranxar ese aparcamento de terra xa reclamaran que “se botara algún firme ou se asfaltara se non cada pouco tempo hai que meter as máquinas e facer unha nova chapuza pero a neglixencia está no ADN de Crespo e o seu equipo”

 O PSOE de Lalín reclamará novamente que se “busque unha solución e que o goberno local se faga cargo dos danos e prexuizos que lle poida estar causando aos usuarios pois xa van varios coches que quedan atrapados e que teñen moitas dificultades para sair daquela lama”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario