PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 28 de octubre de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN RECLAMA INFORMACIÓN E DECENCIA A CRESPO ANTE O CASO DO FRAUDE NO PROGRAMA EMPREGATEX




-        “Tomáronlle o pelo á xente do que estaba sen traballo e por riba colleron cartos de todo” afirma González Casares.
-        Os socialistas afirman que as persoas afectadas en Lalín consideraron o programa “unha perda de tempo e un auténtico absurdo”.
-         Dende o PsdeG-PSOE lamentan o silencio do Goberno Local logo de vender políticamente este fraude.

 Os socialistas lalinenses que en días previos reclamron información ao Goberno Local sobre o programa Empregatex que se desenvolveu entre outros lugares en Lalín e foi vendido “como unha panacea e un maná para recolocar a traballadores despedidos do textil” e que finalmente aparece como “un fraude vulgar, de empresarios achegados ao PP e que a Xustiza está desenmascarando estes días como un feito corrupto de dimensións millonarias”.

 O Sº Xeral dos socialistas lalinenses Nicolás González Casares lembra que “non pode haber nada peor que xogar coa ilusión de xente que acaba de perder o seu traballo e usar cartos públicos dedicados a fomentar o emprego para levalos directamente ao peto” e sinala que o Concello de Lalín “foi un colaborador necesario para que unha parte de estafa se levara a cabo co alcalde José Crespo á cabeza”.

 Os socialistas están recollendo información dos afectados que denuncian “ que foi todo unha tomadura de pelo, vendíannos que gracias a ese programa íamos conseguir traballo pero na realidade non se facía nada de nada”. Dende o PsdeG-PSOE sinalan que a sensación dalguns parados de Lalín ao saber o custe do programa e o que está saíndo nos medios estes días sobre o sumario xudicial é “de indignación pero tamén dunha sospeita confirmada pois ao final o programa supuxo para eles unha frustración: ao principio ilusionaronnos con moita presentación por parte dos políticos do PP incluídos o alcalde e a medida que avanzaba o programa veían que  os poucos cursos recibidos non se adpataban aos perfís da xente”.

 Por outra banda os afectados afirman “que non houbo ningún tipo de intermediación laboral dos responsables do programa con empresas como se anunciaba e simplemente se dedicaban a  facerlles entrevistas e preguntarlles pola súa actividade en búsqueda de emprego e mandarlles anuncios de ofertas de traballo ao alcance de todo o mundo, polo que entendían que os inxentes cartos destinados ao programa tiñan que rematar noutras mans”.

 Así os socialistas reiteran que o alcalde de Lalín “ten que despexar a incógnita do papel do Concello nesta trama de corrupción na Consellería de Traballo por simple respecto aos parados e paradas de Lalín que foron desprezados por xente do PP e que aínda por riba colleron cartos de todo” e Nicolás González Casares reclámalle ao Concello de Lalín “que non se poña de perfil pois hai unha investigación xudicial con detidos, e moitas fotos de políticos do PP como o noso alcalde ou a Conselleira facendo publicidade do programa e vendendo públicamente como un triunfo para Lalín o que agora resultou unha estafa”.

 Finalmente dende o PsdeG-PSOE de Lalin “entenderemos o silencio neste tema como unha complicidade absoluta cos estafadores do público agora encausados por parte do alcalde de Lalín” pois sinalan que “debe unha disculpa polo menos por participar neste asunto tan feo e reclamamos claridade oara que se saiba a verdade” e sinalan ademais que “o programa prometía unha colocación superior a un 50% e finalmente pasou por pouco do 35% pero utilizando métodos fraudulentos e contratos falsos” , así remata González Casares “a impresión dos participantes é que o programa non facilitou por sí so a colocación indefinida de ningunha das persoas que nel participou en Lalín”

No hay comentarios:

Publicar un comentario