- Os socialistas consideran que “o comercio mingua na vila e polo tanto hai que coidalo ao máximo, haberá que facer un esforzo”.
Os
socialistas lalinenses, lonxe de crear alarma social pero con
responsabilidade ante os recentes asaltos que se veñen producindo,
reclaman un aumento de seguridade nas rúas para velar polo comercio
local.
Para
o PsdeG-PSOE “é preocupante e haberá que tomar medidas pois
estamos vendo que os roubos son en pleno centro urbán e quen ten un
negocio anda algo asustado estes días” polo que piden ao Concello
de Lalín que faga un esforzo no patrulleo da Policía Local e acorde
coa Garda Civil un maior control na zona urbana.
Dende
o PSOE se manifesta que “son malos tempos para o comercio local e
minorista, estamos vendo como desaparecen negocios todos os días
pola situación económica polo que vemos imprescindible que se
reforze a seguridade e se tomen medidas”.
Por
outra banda entenden que se lles diga aos comerciantes que mellloren
a seguridade dos seus negocios , pero está claro que non so esa é a
solución pois como cidadáns “os comerciantes tamén pagan
impostos para pagar a seguridade nas rúas e non son os responsables
de que se lles roube o seu local”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario