PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 23 de octubre de 2014

O PSDEG- PSOE DE LALÍN DENUNCIA A DESCOORDINACIÓN MUNICIPAL NA CANALIZACIÓN DA REDE DE GAS



-        Os socialistas lembran que Crespo afirmara “que nunca mais se levantarían as rúas de Lalín para facer unha canalización”
-        “Non hai información axeitada nin se coñece con tempo a programación de obras nas rúas” afirma González Aller.

 Os socialistas denunciaron hoxe “a evidente descoordinación existente entre Concello e a empresa que está facendo as canalizacións para unha nova rede submnistradora de gas no casco urbano de Lalín”. O voceiro dos socialistas lalinenses faise eco de comerciantes e peóns das principais rúas da vila pola improvisación á que se enfrontan e os prexuízos que se lles está causando.

 “A xente queixáse da nula información que recibe, empezan unha rúa logo van a outra e deixan a anterior sen rematar, están sumindo ao casco urbano a un caos que en gran medida poderíase ter evitado” afirman os socialistas que reclaman “que se executen as obras de forma ordenada e coa suficiente antelación para que os que teñan negocios nas rúas ou accesos ás súas vivendas poidan adiantarse aos problemas”.

 González Aller en relación a actual canalización de gas que se está a facer lembra que “Crespo , tras a anterior canalización de telefonía por parte da empresa R afirmou que nunca mais se volverían levantar as rúas de Lalín para meter subministros e agora vemos novamente como as palabras do alcalde lévaas o vento”.

 Os socialistas esíxenlle ao Concello que de aquí a que rematen as obras sexan moito mais estrictos coa información e coa continuidade das obras, que parece que son gobernadas dun modo anárquico que fai que os veciños sexan sometidos a demasiadas molestias e danle un toque der atención ao concelleiro Camilo Gómez Bodaño “que semella distraído nas labores de velar polo interese cidadán e se preocupa mais polos da empresa, algo moi habitual neste goberno local”

No hay comentarios:

Publicar un comentario