PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 23 de octubre de 2014

INFORMACIÓN SOBRE CONVOCATORIA DE PRIMARIAS

Compañeiros/as:

Poñemos no voso coñecemento que o día 21 de outubro, e dando
cumprimento ao Regulamento Federal de Primarias e mais á súa Convocatoria
constituíuse a Comisión Provincial de Garantías Electorais, que é o órgano encargado de
garantir o desenvolvemento do procedemento, o cumprimento da normativa aplicable, a
transparencia e obxectividade do proceso e o respecto a o principio de igualdade.
Dende este momento, as compañeiras e os compañeiros que o desexen poden
comunicar á Comisión Provincial de Garantías Electorais a súa intención de presentar a
súa precandidatura á alcaldía nas Eleccións Municipais do 2015, que se tramitará
conforme á normativa e tendo en conta que non se fará pública hasta o día 3 de
novembro.
     Dita comunicación se fará a través da Secretaría de Organización da CEP, por
correo, ce-pontevedra@psdeg-psoe.org, ou por teléfono, 986 840273.
Igualmente, lembramos que o prazo de recollida de avais será do 3 ao 17 de
novembro. Os impresos serán remitidos ás Agrupacións e ás persoas interesadas no
momento da apertura do prazo. Dado que no censo oficial definitivo de Lalín para este
proceso figuran 49 militantes, o número de avais correspondente ao 20% necesario para
a proclamación da candidatura é de 10.

No hay comentarios:

Publicar un comentario