PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 4 de septiembre de 2014

OS SOCIALISTAS ESIXEN SEN DEMORA “RESPONSABILIDADES POLÍTICAS POLAS ADXUDICACIÓNS ÁS EMPRESAS DO TÉCNICO MUNICIPAL”




-        “So nos están deixando o camiño da denuncia aos adxudicadores” advirten González Aller e Cristóbal Fernández.
-         “Cómo lle daban obras a dedo ás empresas das que o técnico era apoderado sen ter a compatibilidade” pregúntanse os socialistas.

 Os socialistas estiman que o informe  que o Consello Consultivo emiteu ven deixar claro que no Concello de Lalín houbo moitas irregularidades e son precisas xa dunha vez responsabilidades políticas. “Din que a labor de o técnico é incompatible, pero durante anos se dedicaron a darlle obras e contratos” e sinalan que aínda que a labor privada do técnico fora compatible “nunca o sería para emitir informes privados en asuntos de interese municipal”.

 Para González Aller e Cristóbal Fernández “o que está claro e meridiano é que dende o Concello de Lalín se lle adxudicaron traballos ás empresas das que o técnico era apoderado e foron todos por procedimentos sen concurso aberto, ou sexa na maior parte dos casos a dedo” e esixen dunha vez por todas “responsabilidades pol´ticas e dimisións no Grupo de Goberno Municipal que deixaba facer ou veremos incluso se non se beneficiaban algúns por estes contratos”.

 Os edís socialistas advirten que “dende o Goberno Local so nos están deixando a posibilidade de denunciar ante á Xustiza aos membros das Comisións de Goberno que adxudicaron estes contratos, pois non foi nin unha vez nin dúas foron mais de 50” e consideran que “é imposible que non souberan a quen lles estabana aduxicando eses encargos pois nas adxudicacións directas sempre se coñece de antemán a quen vai facer os traballos, é posible que non todos os membros das comisións de goberno o souberan,pero Antonio Rodríguez, Román Rodríguez e por suposto o alcalde José Crespo coñecían perfectamente o que estaban facendo pois sempre se vanaglorian eles mesmos de telo todo controlado, será unha mágoa para aqueles que asinaron sen saber o que facían se teñen que pasar polo Xuzgado pero tamén son responsables”.

 Para o Grupo Municipal Socialista é evidente que o foco “xa non está no técnico municipal que de seguir o proceso as canles normais terá o seu castigo e terá que desculparse ante os concelleiros socialistas se non que agora as responsabilidades políticas e penais de habelas serán do Grupo de Goberno que dirixe Crespo”
           

No hay comentarios:

Publicar un comentario