- González Casares considera que “hai que apostar polo Candán como o gran pulmón do centro de Galicia e non se está facendo”.
- Dende o PSdG-PSOE insisten en reclamarlle ao Concello un plan integral de promoción da zona.
O
Sº Xeral dos socialistas lalinenses, Nicolás González Casares
sinalou hoxe que dende a Executiva déronse instruccións ao Grupo
Municipal Socialista para que rexistren unha iniciativa no Concello
dirixida a que os 20 mil euros que se poden pedir en axudas para
actuacións na Rede Natura recaian no Candán nas parroquias de
Vilatuxe e Zobra.Hai que lembrar que o Pleno de agosto celébrase o 8
de setembro e o prazo para solicitar as axudas remata o mesmo día
,polo que de ser tratado como moción non se chegaría a tempo para a
petición da axuda
Para
González Casares estas axudas “de so 20 mil euros son
insuficientes para unha zona tan ampla e compre investilas sabendo
ben o que se pretende” e lamenta que dende a Xunta de Galicia “non
se mobilicen mais recursos deste tipo e so estas axudas mínimas,
pois os veciños desas zonas teñen restriccións pero reciben pouco
por esa afección e pagan impostos como calquera”
González
Casares concreta a súa proposta en “sinalizar e homologar os
camiños que formaron parte do percorrido do I Trail nocturno de
Vilatuxe que discorre integralmente por territorio lalinense, pois é
un roteiro que segue moita xente e so nalgúns puntos como os
cercanos a Ameixedo ou Portomartín está sinalizado” e afirma que
“son moitas a persoas que visitan ese percorrido pero que botan en
falta información ou que se perden polo que a homolgación pola
Federación de Montañismo seguindo as normas internacionais faría
del un referente turístico de primeira orde para a zona”.
Para
o Sº Xeral dos socialistas lalinenses as actuacións nese roteiro
deberían incorporar tamén o “coidado e mellora das pontes do
traxecto,maleza que arrodea os muíños ou alvarizas ,limpeza do
percorrido e mantemento de regos que o atravesan pois non so con
balizar chega” .
Finalmente
Nicolás González Casares insiste na idea presentada hai tempo
polos socialistas lalinenses e reiterada en multitude de ocasións de
facer un Plan Integral de Promoción da zona, pois falta información
e sinalización ,hai recursos turísticos pero mantéñense inconexos
e afirma que “a nosa idea é convertir ao Candán no referente en
actividades ao aire libre do centro de Galicia,un polo de atracción
para amantes da natureza e unha riqueza de primeira orde que hai que
manter como legado para as vindeiras xeracións”
No hay comentarios:
Publicar un comentario