PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

domingo, 21 de septiembre de 2014

OS SOCIALISTAS CUALIFICAN DE PORTAZO A LALÍN A VISITA DA CONSELLEIRA ETHEL VÁZQUEZ




-        “Que o traspaso da AP-53 xa o sabemos hai moitos anos, moi aguda a conselleira,pero da rebaixa da peaxe nin fala” denuncia González Casares.
-           “ Veu ver o libro do fracaso do modelo de Crespo e nin tan siquera se comprometeu coa Rolda Este” sentencian os socialistas.

 Os socialistas lalinenses cualificaron hoxe de “portazo aos lalinenses” a visita realizada onte pola conselleira Ethel Vázquez e lamentaron que dende a Xunta deixen claro “que non fondo non fan nada pola transferencia da AP-53 nin están dispostos a cumprir a súa reiterada promesa de rebaixa da AP-53”.

 Nicolás González Casares, Sº Xeral dos socialistas lalinenses, sinalou que “non fai falta que veña a conselleira para saber qué a transferencia da autopista é difícil, iso xa o dixo o anterior, o que está claro é que dende Madrid o PP non quere e dende Galicia o PP tampouco fai nada por rebaixar á peaxe”.

 Ademais dende o PsdeG-PSOE local lamentan “a calada de Crespo neste asunto, se a Conselleira fora doutro partido estaría berrando, agora como moito tomaríalle medidas para darlle unha capa ou nomeala Filla Adoptiva como ao anterior conselleiro que non fixo nada pola peaxe”.

 González Casares afirma que “a conselleira descubreu a pólvora, moi aguda, pero xa sabiamos gracias a Senadora socialista Paula Fernandez,que sí fai o seu traballo, da nula disposición do Ministerio comandado pola diputada da nosa provincia Ana Pastor para que se poda rebaixar á peaxe a Santiago”. Por outro lado lembra a Ethel Vázquez que “o deseño da AP-53 como estatal e da AG-53 como autonómica foi ideado por gobernos do PP, é lamentable que coa súa responsabilidade non coñeza a historia da infraestrutura”.

 Por outra banda os socialistas tildan a visita da conselleira “como unha das mais estériles que se lembran,Crespo había pensar que viña cun arranxo para a Rolda Este pero non mostrou ningunha intención de axudar a mellorar o lamentable estado do vial lalinense, pois sabe que o responsable da desfeita é o propio alcalde”.

 González Casares quédase de “tan pobre visita coa cara de susto que debeu poñer a conselleira cando se loaba e presentaba un libro cun modelo de vila desenvolvido por Crespo que foi a ruína para unha poboación como Lalín cun tercio de vivendas vacías, algo que vai contra toda lóxica de desenvolvemento sostible e o Urbanismo racional”

Un saúdo e gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario