-
González
Casares lembra que “se investiron 330 mil euros entre 2009 e 2010 no
polideportivo”.
-
“Todas as
obras nas que está Crespo son un desastre, ten mais que gañado o apodo de Pepe
Gotera” ironizan os socialistas.
Para o PSOE de Lalín resulta
“escandaloso” comprobar que o Pabellón Polideportivo de Lalín presente
filtracións de auga que impidan por completo as actividades deportivas pois
lembran que nos ano 2009 a súa cuberta foi completamente reparada “e se unha
cuberta so dura 5 anos despois de gastar 190 mil euros é que alguén estafou aos
lalinenses e hai que tomar medidas”
Segundo González Casares, Sº Xeral dos
socialistas lalinenses, comprobar que “as instalacións de Lalín, logo de
inxentes investimentos, de meter millóns de euros teñen todas deficiencias e en
ambos casos teñen todas filtracións na cuberta fai pensar que no Concello de
Lalín hai moi pouco rigor no control das obras que se fan”.
Así os socialistas lalinenses din coincidir
por primeira vez co diagnóstico dos populares que sempre lle botan a culpa de
todo ao ex-presidente Zapatero e ironizan que “a culpa é de Zapatero por dar
cartos co Plan E a un Concello que o único que fixo foi chapuzas”.
González Casares lembra que no 2009
investíronse 190 mil euros nas obras da cuberta e posteriormente en 2010
destináronse outros 140 mil a outros arranxos polo que afirma “haberá que dar
explicacións e mostrar algún informe técnico que explique por qué está así o
polideportivo,e buscar responsabilidades pois aquí todo se fai mal e logo os
que saen na foto para inaugurar se lavan as mans”.
Así dende o PsdeG-PSOE local afirman “que
Crespo ten ben gañado o apodo de Pepe Gotera e danos moito medo que inaugure
mañán Liñares, porque nese caso se volven aparecer goteiras a desfeita pode
serd e campeonato, e o alcalde de Lalín é o perfecto expoñente de político
chapuceiro e despilfarrador de cartos públicos.
Finalmente os socialistas pedirán no vindeiro
Pleno información do estado real da cuberta do Pabellón Polideportivo e tamén
se interesarán polo estado do Lalín Arena e o particular timo de darlle a unha
empresa “o máximo que pide por un edificio cheo de problemas”
No hay comentarios:
Publicar un comentario