Os concelleiros
do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no concello de Lalín abaixo asinantes, presentan ó Pleno para o seu debate e
aprobación se procede a seguinte
MOCIÓN DE URXENCIA
A Xunta de Goberno Local, na súa
sesión do pasado 11 de agosto, aprobaba mais as bases reguladoras do programa de transporte universitario e do proceso
de concesión das bonificacións para uso do mesmo durante o curso académico
2014-2015. Á marxe das contías das axudas que son bastante escasas, os
concelleiros que subscriben e o seu Grupo Político comparte basicamente a
filosofía desas bases, pero atopan unha clara discriminación á hora de
determinar os seus beneficiarios que non comparte en absoluto. A Educación
Superior en España non so engloba as ensinanzas universitarias e as ensinanzas
artísticas superiores, se non tamén a todas
aquelas que conducen ó título de Técnico Superior (Ciclos formativos de
grao superior de Formación Profesional, Grao Superior de Artes Plásticas e
Deseño, e Técnico Deportivo de Grao Superior). Todas estas ensinanzas (agás
exclusivamente algún ciclo formativo de grao superior de F.P.) non existen,
como é lóxico, en Lalín, e o alumnado que queira seguilas, ten que desprazarse
necesariamente fóra do pobo, exactamente igual co alumnado que vai facer unha
carreira universitaria ou de ensinanzas artísticas superiores, pero en cambio,
coas bases actuais que regulan o transporte universitario, non poden optar ás axudas para o transporte co que resultan,
como diciamos, claramente discriminados e sen ningunha razón que o xustifique.
A urxencia da moción ven dada polo
feito de que o prazo para a presentación de solicitudes remata o próximo 6 de
setembro.
Por todo o exposto, proponse ó pleno a
adopción dun ACORDO cos seguintes puntos:
1º.- Modificación urxente das bases reguladoras do programa de transporte
universitario e do proceso de concesión das bonificacións para uso do mesmo
durante o curso académico 2014-2015, (en concreto da base SEXTA punto 3) para
que poidan optar ás axudas de transporte no presente curso todo aquel alumnado
que vaia a cursar por primeira vez un Ciclo Formativo de Grao Superior de
Formación Profesional, de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño, ou de
Técnico Deportivo de Grao Superior.
2º.-Ampliación
do prazo de presentación de solicitudes o tempo suficiente para que
estes novos beneficiarios poidan presentala en tempo e forma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario