-
A actitude sumisa e nada reivindicativa de
Crespo foi e segue a ser demasiado evidente como para poder ocultala
-
Crespo e o Partido Popular de Lalín queren
actuar neste tema como pirómanos e bombeiros ao mesmo tempo
-
Felicitámonos de que Rodríguez rectificara e
recoñecera que o seu erro sobre a composición do CGPJ pero empeñase en
demostrar que a súa ignorancia temeraria é ilimitada
Os socialistas de Lalín recoñecemos
que o concelleiro Román Rodríguez ten un
papel moi díficil ao intentar negar a evidencia que todo o pobo de Lalín puido
constatar, como é que a actitude de Crespo con respecto á defensa dos xulgados
de Lalín non puido ser máis sumisa e pasiva cos seus amigos do goberno de
Rajoy para evitar que estes se lles enfadaran, importándolle pouco que se poña en perigo a existencia dos xulgados de
Lalín.
Non deixa de ser sorprendente e ata indignante que o concelleiro Rodríguez
despois de que foran os seus amigos Rajoy e Gallardón os causantes e únicos
responsables deste intento de deixar a Lalín sen xulgados ande agora a falar de
éxitos e de colgarse medallas. Crespo e o Partido Popular de Lalín queren actuar
neste asunto como pirómano e bombeiro ao mesmo tempo, xenerando primeiro o
problema e agora simulando que o queren resolver, pero a xente non se deixa
enganar tan facilmente, porque saben que Crespo
e cómplice e ata cooperador do seu amigo Rajoy.
Temos
que felicitarnos porque o concelleiro volvera a senda constitucional ao
rectificar e recoñecer que o CGPJ (Consejo General do Poder Judicial) ten 20
membros.
Non obstante, como segue a facer gala da súa habitual ignorancia temeraria,
vémonos na obriga de pedirlle que sexa
máis rigoroso nas súas manifestacións porque no CGPJ non existe ningún
órgano denominado “cúpula”, e se con ese termo hai que entender que se refire
ao seu máximo órgano, lle informamos que
unha vez máis está equivocado porque é o Pleno e non a Comisión Permanente o
máximo órgano do CGPJ que ademais ostenta as súas maiores e máis
competencias.
Se é posible, os socialistas
pedímoslle ao concelleiro Rodríguez responsabilidade nas súas declaracións porque
noutro exercicio de descoñecemento sen
precedentes e dentro da súa espiral de
disparates, agora atribúelle a autoría do anteproxecto da Lei orgánica do Poder
Xudicial á Comisión Permanente do CGPJ. Ante semellante temeridade temos que
aclararlle que este anteproxecto de lei que quere deixar a Lalín sen xulgados
foi elaborado exclusivamente polo Ministerio de Justicia do seu amigo de
partido Gallardón e que o CGPJ se limita a emitir o informe correspondente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario