PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 7 de agosto de 2014

OS SOCIALISTAS RECIBEN CON “MOITA CAUTELA” A DECISIÓN DE GALLARDÓN SOBRE OS PARTIDOS XUDICIAIS




-        “O traballo dos cidadáns e a unión foron determinantes para que se reformule o proxecto de Lei,pero non nos fiamos” afirma González Aller.
-          “Non sabemos de qué presume Crespo pois é o seu partido quen nos meteu neste lío” sinalan dende o PsdeG-PSOE.

 Manuel González Aller ,voceiro dos socialistas lalinenses reccionou hoxe ante a probable marcha atrás do Ministro Gallardón coa reforma da Xustiza que quería eliminar os partidos xudiciais. Dende o Grupo Municipal Socialista de Lalín sinalan que “ata que se saiba como vai quedar a reforma a nosa posición é de satisfacción cautelosa”.

 Para os socialistas lalinenses agora mesmo “non está claro que vai pasar pois afirmaron dicindo que os tribunais de instancia estarán so en Vigo e Pontevedra polo que esperemos que non deixen uns partidos xudiciais sen contido, ou sexa uns tribunais pero sen xuízes”. Para González Aller o certo é que “temos moito que desconfiar de Gallardón pois deixanos sen Rexistro Civil, puxo taxas xudiciais que lastran o acceso a Xustiza e retrae dereitos as mulleres coa reforma do Lei da Interrupción do Embarazo polo que del fiamonos moi pouco”.

 Os socialistas consideran que Crespo debera deixar de presumir pois “todo o mundo coñece a súa posición inicial que foi de agocharse para que outros levaramos a iniciativa contra esta decisión do Goberno do seu partido” . O voceiro socialista lembra que “foi tras unha moción nosa hai xa 3 mese cando Crespo empezou a virar cara a unha postura mais razoable como alcalde de Lalín” e suliña tamén como o PP “houbo momentos que diciía cousas diferentes fora Vigo, fora Lalín ou fora Santiago”

 Dende o PSdeG-PSOE afirman que “se esta reforma da marcha atrás será mérito dos profesionais ,funcionarios,avogados,procuradores,etc e tamén da presión da veciñanza que non entendía un alonxamento da Xustiza e unha perda para Lalín dese calibre”. 

 González Aller finalmente considera “cando volvamos saber da reforma e estea xa negro sobre branco, seguramente en setembro, considero que todas as partes teriamos que valorar de novo se en Lalín vaise seguir mantendo o mesmo que tiñamos ata agora”

No hay comentarios:

Publicar un comentario