PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 7 de agosto de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN ESIXE A CRESPO “QUE DE EXPLICACIÓNS DA ESTAFA DO LALÍN ARENA AOS LALINENSES”




-        “O Concello de Lalín ten que executar o aval dos 330 mil euros ante as nulas garantías que presenta o edificio” sinala González Aller.
-        “Cómo é posible pagar 8 millóns de euros por un edificio cheo de deficiencias en 5 anos” pregúntanse os socialistas.
-        González Aller estima que unha das razóns da marcha de Gaia foi “que sabía que o edificio non ía durar os 40 anos da concesión”


 O voceiro dos socialistas lalinenses esixeulle hoxe a Crespo que “de unha vez por todas e se as ten se dean as explicacións oportunas á cidadanía de Lalín ante a estafa monumental do Lalín Arena”.

Segundo os socialistas as múltiples deficiencias detectadas no edificio mercado hai uns meses polo Concello tra unha concesión a unha empresa privada nuns terrenos públicos poñen de manifesto que “a construción ,o edificio non está feito con todas as garantías pois non se entende que tivera as deficiencias que presentou e que non se subsanan facilmente polo que se ve” e afirman que “xa sabemos unha das razóns principais de Gaia para marcharse, que eran coñecedores de que o edificio ía ser unha ruína e dificilmente aguantaría os 40 anos de concesión”.

 Ademais os socialistas entenden que as explicacións a dar deben aclarar “como é posible que á empresa recibira o máximo que reclamou na negociación, qué intereses tiña o alcalde para non negociar á baixa sabendo polos técnicos municipais que o Arena  non cumpría as mínimas condicións de edificación”. González Aller lembra que se lle pagaron a Gaia “8 millóns de euros e houbo que solicitar un crédito de 5 millóns que endebeda ao noso Concello por un edificio cheo de humidades” e lánzalle unha pregunta ao alcalde “pagaría Crespo do seu peto máximo que lle pediran para mercar unha casa con goteiras”.

 Ademais de denunciar que o alcalde nunca explica claramente estes motivos e so responde de malos modos á oposición cando se lle pregunta polo Arena , os socialistas entenden que “non hai mais remedio que executar o aval de 330 mil euros para subsanar as deificiencias,pois compre executalo completo é pode resultar insuficiente pois está claro que o edificio ten moi poucas garantías de non dar problemas nos vindeiros meses”

No hay comentarios:

Publicar un comentario