PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

martes, 19 de agosto de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN CONSIDERA QUE CRESPO DEBE DAR EXPLICACIÓNS EN DETALLE DO PROXECTO DO MUSEO VIRTUAL DOS CASTROS




-        González Aller afirma que “cando se gastan esa barbaridade de cartos públicos e non se explica a política alónxase dos cidadáns”.
-         “Gastar 850 mil euros nunha sala de 299 m2 esixe luz e taquígrafos ” afirma González Aller.

 Os socialistas lalinenses afirman que “a xente na rúa non entende cómo é posible gastar 850 mil euros nun museo virtual dos castros que ninguén pideu polo que ve necesario que o alcalde explique con detalle en que se van gastar eses cartos”

 Para González Aller “é moi necesario ser transparente e dar explicacións, achegarse aos cidadáns e dicirlle que nestes momentos que hai necesidades básicas sen cubrir vaise meter semellante cantidade de diñeiro nun investimento que non é prioritario a todas luces” e lémbralle a Crespo que “non facelo é alonxar a política das persoas e facer incomprensible a acción política”.”Cando dende un organismo público se gastan case 3000 euros m2 por habilitar unha sala xa construída como museo virtual é necesario dar moitas explicacións e esperemos que o alcalde o faga” afirma o voceiro socialista.

 O Grupo Municipal Socialista presentará para o vindeiro Pleno unha moción de comparecencia para que o alcalde dea conta de en qué consiste ese investimento, o volume estimado de visitantes, o proxecto cultural no que se enmarca e cómo se pretende manter esa infraestrutura no tempo “pois todos sabemos que as cousas non so gastan cando se fan e Crespo é un experto en meternos pufos en gastos de mantemento: Concello,Arena,nova piscina...”

 Esperan os socialistas que Crespo non se escude en que os cartos veñen de Europa e da Deputación “pois son todos cartos dos cidadáns e que se van investir en Lalín polo que Crespo terá que dicirlle aos lalinenses por qué se prefire ese investimento a outros alternativos, pois o proxecto Depodeza non obriga a facer un museo destas características como tampouco obriga a investigar o porco Lalaino,outra das ococrrencias de Crespo”

No hay comentarios:

Publicar un comentario