-
A pesar de que Román Rodríguez quere “tapar
o sol cunha man”, en Lalín todo o mundo sabe que é o goberno do Partido Popular
de Rajoy e Gallardón o que leva meses intentando sacarlles os xulgados a Lalín
-
Aínda que Román Rodríguez o quere ocultar,
todo o mundo en Lalín sabe que Crespo non fixo nada para que o goberno dos seus
amigos non lle sacara os xulgados a Lalín
-
A habitual ignorancia temeraria de Román
Rodríguez chega ao extremo inaudito de convertelo nun reformador unilateral da
Constitución
Os socialistas de Lalín cremos que o
concelleiro Román Rodríguez falta o
respecto ao pobo de Lalín e insulta a súa intelixencia ao intentar enganar á xente ocultando a triste realidade que todo o
mundo coñece, de que é o goberno do Partido Popular de Rajoy e Gallardón o que
leva tempo intentando prexudicar a Lalín deixandoo sen xulgados e sen partido xudicial, desde
que hai meses que aprobou o Consello de Ministros o anteproxecto de Lei de
modificación da Lei órganica do poder xudicial
Pero non conforme con esta burla e
desfachatez o concelleiro Rodríguez nun intento burdo pero estéril de seguir
enganando á xente, cualifica eufemisticamente como “prudente” a nula actitude
de Crespo na defensa do xulgados de Lalín, xa que todo o mundo observou decepcionado, como mentres outros alcaldes mesmo
de seu partido, reivindicaron contundentemente os xulgados para as súas vilas,
Crespo estivo nunha actitude tan tibia e pasiva, na que non foi nin quen de
comentarllo a Rajoy a noite que estivo con el de copas por Lalín, que obrigou
aos partidos da oposición ao pobo de Lalín e sobre todo aos avogados/as e
procuradores a tomar a iniciativa de poñerse ao frente da defensa dos xulgados
de Lalín, porque lamentablemente Crespo “nin estaba nin se lle esperaba”, e
á hora de elixir entre Lalín e o seu partido deixou ao seu pobo abandoado e púxose claramente de lado do Partido
Popular que pretende prexudicar os intereses de Lalín.
Ao mesmo tempo os socialistas e o pobo de Lalín non podemos deixar de estar perplexos
e estupefactos ante o novo protagonismo que acaba de asumir o concelleiro Román
Rodríguez que nun exercicio sen precedentes de ignorancia temeraria ponse a
reformar unilateralmente a Constitución Española ao manifestar que a que él
lle chama a “cúpula” do CGPJ, (Consejo General del Poder Judicial) está formada
por 6 membros.
Non deixa de ser cando menos curioso
que mentres o Partido Popular é moi
reacio a reformar a Constitución, o concelleiro Rodríguez asumindo un papel
para o que cremos que non está facultado legalmente modifique de facto a nosa “Carta Magna”, descoñecendo que a
Constitución Española no seu artigo 122.3 contempla que o CGPJ está composto
por 20 membros propostos polo Congreso e o Senado, máis o seu presidente, que todos forman o Pleno deste órgano (a
denominada por Rodríguez como “cúpula”) que por certo, na actualidade son maioritariamente propostos polo PP en reflexo da
maioría absoluta deste partido en ambas Cámaras lexislativas.
Os socialistas lamentamos profundamente que un representante político que
debía ser un referente para o resto da sociedade faga un dos ridículos máis
espantosos poñendo de manifesto que como é xa habitual nel, que opina de todos
os temas pero sen o máis mínimo rigor nin coñecemento, polo que ao señor
Rodríguez se lle recoméndamos que nas
súas manifestacións teña a “prudencia” que lle sobrou a Crespo na defensa dos
xulgados de Lalín, e nos ofrecemos a clarexarlle dúbidas e a ilustralo en
asuntos que descoñeza para que a xente non se alarme tanto ao percatarse como
poden estar de mal xestionados os seus intereses en mans dunha persoa sen
coñecementos no ámbito público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario