-
Os socialistas trasladan queixas veciñais polas continuas
invasións deste espazo público.
O Grupo Municipal Socialista presentou hoxe unha
reclamación ao Goberno Local para que se proceda a poñer os medios necesarios
para impedir o acceso de vehículos á Carballeira do Rodo.
Segundo os
socialistas recóllense queixas veciñais ,que se puideron comprobar nestas
últimas semanas ,que denuncian que de xeito habitual algúns coches entran na
zona de carballeira e mesmo se teñen producido algunhas manchas de combustible
co problema da contaminación , ademais de ser esa carballeira un lugar de disfrute
público libre de coches.
Os
socialistas reclaman ao Goberno Local que se poñan os medios necesarios para
que isto suceda, polo que reclaman unha sinalización que advirta desa
prohibición e ademais que se proceda a dotar á carballeira dalgún elemento (valla
ou cadea) que impida ese acceso e que poida abrirse en caso de ser necesario.
Como se trata
dun lugar no que tanto o Concello como os veciños poden facer festexos veciñais
e precisar que vehículos pasen momentaneamente a dita carballeira requerirase
por parte do Concello a solicitude dun permiso para tal fin.
No hay comentarios:
Publicar un comentario