-
González
Aller asombrado: “Non lles chagaban 850 mil euros para un Museo Virtual que o
suben a 1 millón de euros”
-
“Mentras a
pobreza está na boca da xente o Lalaíno e os castros virtuais lévanse 3 veces o
gasto anual en dependencia” sentencian os socialistas.
A principios do pasado mes de xuño o
voceiro socialista xa denunciaba o despilfarro que supoñía dedicar 850 mil
euros a un museo virtual dos castros no Concello de Lalín e lembra “que
chamounos moito a atención que sen necesidade de facer un edificio se puidera
gastar esas cantidade nun Museo virtual,era unha barbaridade”. Pero o asombro
socialista foi crecendo estes últimos días ao coñecerse que “lonxe de baixar,
os orzamentos para ese Museo, creceron xa ata o millón de euros en no se sabe
ben qué” e afirma que “parece un auténtico timo: van meter un millón de euros
virtual en 300m2, sen ter que construir nada pois o espazo xa está feito”.
O voceiro socialista lamenta que “nun periodo
de emerxencia social ,onde a pobreza está a orde do día,no que falamos de
problemas de alimentación infantil en Lalín despilfárranse os cartos públicos
dun xeito indecente”. Para os socialistas a desconexión de Crespo coa realidade
“é evidente pois entre este museo virtual e o proxecto completo do Lalaíno
vanse gastar o triple que o que dedica o Concello a Dependencia ou Emerxencia Social”.
González Aller afirma que “todo o relacionado
con estes proxectos dos castros é moi estrano,pois dedican millóns de
investimento a eles pero non arranxan ningún dos mais de 50 que hai en
Lalín, sería mais beneficioso para o
turismo e pola contra vemos como cartos que veñen de Europa se enterran sen
sentido”.
Os socialistas destacan que apoiarían
investimentos que de verdade foran productivos ou dimesionados e pregúntanse se
“existe un estudio previo do rendemento futuro deste investimento, cómo se
decide gastar os cartos así sen saber do seu retorno” e afirma que tales
preguntas trasladaranllas ao alcalde no vindeiro Pleno xunto con outra que
consideran decisiva: “preguntarémoslle a Crespo se considera este investimento
como algo priroritario: se o pon por diante da promoción do emprego,ou por riba
da loita contra a desigualdade social que se pode facer dende o Concello”.
Ademais o Grupo Socialista na Deputación
pedirá toda a documentación relativa a dito proxecto para “poder saber con
detalle de qué se trata,pois parece simplemente un comecartos aos cidadáns”
No hay comentarios:
Publicar un comentario