O
PSDEG-PSOE DE LALÍN LAMENTA QUE O PP “CONDENE A LALÍN A TER A PEAXE MAIS ALTA
DE ESPAÑA NA AP-53”
-
“Agora negan o traspaso porque atoparon xa
novas excusas” afirma González Casares.
-
“Despois de tantos anos de enganos e
promesas falsas xa sabemos as verdadeiras intencións do PP: manter a estafa
como sexa” lamentan dende o PsdeG-PSOE local
-
Consideran “moi lamentable que a Ministra e
deputada por Pontevedra Ana Pastor condene deste xeito o futuro de Lalín”
Despois de 3 anos de Goberno do PP en
Madrid con Rajoy e 5 en Galicia con Feijóo vese de xeito definitivo que “todo o
montado polos populares con respecto á rebaixa da peaxe da AP-53 era
simplemente un engano aos veciños e veciñas de Lalín” sinalou Nicolás González
Casares, Sº Xeral dos socialistas lalinenses quen engadíu que “o PP puxo a peaxe mais alta do Estado hai mais de
10 anos e o mesmo PP nega a súa rebaixa despois de tela prometido en multitude
de ocasións”.
Estas novedades que sinalan dende o PSOE de
Lalín veñen dadas tras as contestacións dos populares ás preguntas da Senadora
Paula Fernández Pena que obtivo como resposta que o traspaso da AP-53 á Xunta
de Galicia non está prevista nos plans do Ministerio.
“Como é ben sabido Crespo e Feijóo prometeron
en campaña tanto en 2009 como en 2012 á rebaixa da peaxe da AP-53 en varias
ocasións mentras o PSOE gobernaba en Madrid,ao chegar Rajoy ao Goberno fiaron
esa rebaixa á o seu traspaso á Xunta de Galicia e hoxe vemos como era todo un
engano para tomarlle o pelo aos cidadáns do Deza” denuncia González Casares.
Os socialistas pregúntanse “onde queda a
belixerancia de Crespo?, onde están os seus berros contra a peaxe?,onde está o
alcalde que poñía pancartas cando gobernaba o PSOE?, a resposta é simple:
caladiño, esperando recibir palmaditas dos seus xefes por traizoar os intereses
dos lalinenses. O alcalde de Lalín foi deixado en ridículo” e afirman que é
unha mágoa o descrédito do alcalde “pois supostamente tamén nomeamos fillo
adoptivo ao ex-conselleiro Hernández polo seu traballo a prol do traspaso da AP-53,unha vergoña”.
Para González Casares tamén resulta moi
significativo que dende o PP xa inventaron unha nova excusa para non traspasar
e rebaixar á peaxe “que a AP-53 forma parte de vías que unen Galicia coa
meseta, co cal xa temos unha nova derivada da resistencia dos populares ao
traspaso e posterior rebaixa.
Por último os socialistas lamentan a perda de
capacidades de Crespo con respecto a Rajoy e Pastor “visitano en Lalín,tómanse algo con él pero
logo nos asuntos que preocupan aos lalinenses recibe unha sonora labazada” e
afirman que “se nomeou a Agustín
Hernández fillo adoptivo por non facer nada que prepare xa un expediente para
nomear á deputada por Pontevedra e Ministra de Fomento ,Ana Pastor,persoa non
grata”
No hay comentarios:
Publicar un comentario