PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 18 de junio de 2014

OS SOCIALISTAS LALINENSES RECLAMAN CONTENEDORES EN POZO DO BOI PARA QUE NON HAXA DESCONTROL NOS RESIDUOS


  • O domingo á noite estaba todo cheo de latas e ningún lugar habilitado para recollelas” afirman dende o PsdeG-PSOE local.
  • Os socialistas lamentan tamén a pouca conciencia cívica de quen abandona o lixo nun espazo público.

Os socialistas lalinenses criticaron hoxe o descontrol e a desgana existente no Concello de Lalín no relativo á xestión dos residuos no rural e a súa recollida selectiva e poñen o exemplo do que está acontecendo en Pozo do Boi, praia fluvial de Vilatuxe.


Na área recreativa ,pese a estar xa coas comportas pechadas e lista para abrir ao público, so hai un contenedor de residuos orgánicos e ningún para envases, o que provoca que a xente espalle o seu lixo sen control e sen topar un lugar para depositar latas e cartóns.

Como demostran os socialistas nunha fotografía resulta curioso comprobar como hai un cartel informativo sobre o contenedor verde onde se explica a reciclaxe de residuos pero so hai un contenedor onde botalos,polo que non existe posibilidade real de facer esa reciclaxe. Isto implica que na pasada fin de semana a área da carballeira estivera nun estado lamentable e que descualifica para o visitante unha das zonas do municipio que mais turistas atrae cando a calor apreta.

Dende o PSOE local tamén se insiste na necesidade “dunha conciencia cívica que impida que ninguén abandone o lixo tirado onde lle pete nun espazo público natural e considera que debería haber un rexime de sancións para estas desfeitas” lembrando ademais que “duns meses a esta parte estase detectando un aumento de vertedoiros incontrolados en Lalín

No hay comentarios:

Publicar un comentario