-
“En Lalín din unha cousa,en Vigo outra e Rueda outra diferente: fan a Lei e logo agochan a man”
sentencia Nicolás González Casares
-
Os socialistas movilizarán a militantes e
simpatizantes para recoller sinaturas contra a supresión do partido xudicial
Os socialistas lalinenses afirman
estar moi sorprendidos co dobre xogo do PP con respecto a Reforma da Xustiza
que está preparando o Goberno de Rajoy e que deixa a Lalín sen a cabeceira do
Partido Xudicial e alonxará esta administración dos cidadáns da nosa vila.
Así manifestan os socialistas que nestes días
“sorprendémonos escoitando a Crespo dicir unha cousa,aos do PP de Vigo unha distinta
e ao vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PpdeG outra diferente”. Así
manifestan que mentras Crespo “tardou moito en tomar posición e finalmente
parece que se inclina pola posición dos socialistas de rexeitar esta reforma
que suprime partidos xudiciais en Galicia, resulta lamentable que por exemplo o
Sr Rueda so defenda a persistencia dos partidos xudiciais nas sete cidades
galegas”. Ver: http://www.europapress.es/galicia/noticia-rueda-anima-unir-esfuerzos-defensa-partido-judicial-pide-acciones-constructivas-no-fines-politicos-20140619121420.html
Pero o sorprendente para os socialistas o PP
no Parlamento galego ,no que é deputado o Sr Román Rodríguez, presenta mañán
unha proposta para que se manteña so a excepcionalidade do Partido Xudicial de
Vigo .Así Nicolás González Casares lamenta que “o PP non mantén unha postura
clara sobre qué defende no caso dos partidos xudiciais,o único claro e nítido é
que buscan deixar Lalín e outras comarcas de Galicia sen administración de
Xustiza”. “Parece que dende o PP xogan a confusión, fan a Lei que se carga a
descentralización da Xustiza e logo cada un di ao seu xeito que non lles gusta
pero que a van facer,xogando neste caso co futuro de moitos e moitas
lalinenses”. http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/06/24/pp-psoe-bng-plantean-estrategias/1047080.html
Por outra banda dende o PSOE local manifestan
que “os militantes e simpatizantes do PSOE están dispostos a movilizarse na
recollida de sinaturas pois é unha cuestión de vital importancia, non so coa
propia sinatura persoal se non colaborando nas accións que se estimen oportunas
e en todas as accións de protesta que sexan contempladas, ademais de seguir
reclamando o que fixemos dende un principio e ao que logo se sumou Crespo:
mantemento de Lalín como cabceira do Partido Xudicial e a permanencia dos
Xuzgados e o Rexistro como ata o de agora”
No hay comentarios:
Publicar un comentario