PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

viernes, 16 de mayo de 2014

CRESPO SITÚA A LALÍN ENTRE OS 500 CONCELLOS MAIS ENDEBEDADOS DE ESPAÑA


  • A débeda por cidadán en Lalín triplica a dun cidadán vigués” afirma González Aller
  • Os caprichos de Crespo deixannos empeñados e cunha presión fiscal brutal” afirman os socialistas.

Tras a recente publicación dos datos de débeda viva do final do 2013 polo Ministerio de Facenda pódese comprobar que o Concello de Lalín forma parte dun clube nada agraciado pois entra de cheo “no ranking dos 500 concellos mais endebedados de España, nun conxunto de 8000”.

Para os socialistas “o dato evidencia que Crespo está empufándonos mais cada ano que pasa, non fai mais que aumentar a débeda” e lembra González Aller que iamos para oitava cidade “e case o logramos,pero nos niveis de débeda ,non no censo que baixou nos últimos anos mais de mil persoas”.

Así Lalín e o sexto Concello da provincia con mais débeda “tendo en conta que cidades con moita mais poboación nos superan pois Vigo,Vilagarcía ou Pontevedra tamén entran no ranking” afirman os socialistas que denuncian que “a dédeda que lle corresponde a un cidadán de Lalín é mais do triple que a dun cidadán vigués”. O grupo da débeda provincial neste top 500 está representado ademais por Sanxenxo ,Cangas e Mos “curiosamente todas elas gobernadas polo PP, tanto falan de xestionar pero o único que fan é empeñar aos cidadáns”.Tamén Lalín sitúase no top 15 de débeda en Galicia cando demográficamente hoxe non está nin nos 25 primeiros.

Deste xeito os socialistas afirman que “os caprichos de Crespo non so nos fan escalar posicións neste nefasto ranking, se non que ademais levannos a unha presión fiscal insostible,moi superior á media da provincia e de Galicia” e sinalan que “so por facer grandes obras que non se conseguen rentabilizar e que non diminúen a nosa sequía demográfica e a falta de actividade económica”.Así conclúen os socialistas “cada vez a débeda é mais grande e cada vez somos menos a pagala”

Así González Aller sinala que “a dinámica na que se meteu Crespo non deixou un can para solucionar problemas da xente nun momento moi delicado para o futuro da vila, a súa irresponsabilidade estámola pagando cara”

No hay comentarios:

Publicar un comentario