- “En Cangas, en Santiago, en Cambados...o PP defende a permanencia da situación actual, o único que non defende a súa vila é Crespo” denuncia González Aller.
- “Que vote a nosa moción e retire a súa, iso sería clarificador” sinalan os socialistas.
- O PSdeG-PSOE presentará en todos os concellos do Deza mocións a favor de mante a Administración de Xustiza en Lalín.
O
PSdeG-PSOE de Lalín denunciou hoxe a complicidade de Crespo cos seus
xefes do PP en Madrid que queren desmantelar o sistema de Partidos
Xudiciais e acabar co histórico Partrido Xudicial de Lalín e
alonxar a Xustiza dos cidadáns.
Manuel
González Aller lamenta que “non se sabe ben en qué postura está
Crespo, un día di unha cousa e ao outro di a contraria, pero o certo
é que no Concello presentaron unha moción que non defende o Partido
Xudicial de Lalín ou a permanencia dos Xuzgados” polo que os
cidadáns “decátanse de que os intereses do alcalde non semellan
ser os mesmos que os da súa vila e os está vendendo políticamente”.
Así
os socialistas comparan a postura de Crespo coa doutros rexidores do
seu mesmo signo que sí teñen sido moito mais claros para que se
repecten os seus Partidos Xudiciais e mesmo teñen realizadas mocións
conxuntas cos outros partidos para a súa defensa: “En Cambados, en
Santiago ou en Cangas sí se enfrotan aos seus polo ben da súa
vila,Crespo so trata de pasar desapercibido sen amolar aos seus
xefes”.Enlaces:
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/04/22/cambados-vilagarcia-debaten-mociones-supresion/1009215.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2014/04/23/acuerdo-unanime-santiago-defensa-partido-judicial/0003_201404S23C1992.htm
Para
os socialistas de Lalín a solución para clarificar posturas semella
sinxela “que apoie a nosa moción que so ten 3 puntos que merecen
pouca discusión: o rexeitamento a este proxecto pola desaparición
do Partido Xudicial de Lalín, que se manteña o Partido Xudicial de
Lalín e que se manteña a dotación da Xustiza en Lalín” e
lamentan que “se non é capaz de dicir que sí a estes puntos está
traizoando a súa vila dun xeito vergoñento”.
Ademais
os grupos municipais Socialistas da comarca presentarán mocións na
mesma liña que os socialistas lalinenses pedindo dun xeito
inequívoco a “permanencia da Xustiza na cabeceira da comarca e que
non se lles alonxe esta administración pois supón un grave prexuízo
para todos os homes e mulleres do Deza”
No hay comentarios:
Publicar un comentario