-
“Deixar a
Lalín sin ser cabeceira do partido xudicial é un retroceso de case dous
séculos” lamenta González Aller.
-
Os
socialistas instan a Crespo “a posicionarse xa en contra da reforma e defender
o seu pobo”.
-
O PSdeG-PSOE
local afirma que as consecuencias para Lalín serán devastadoras.
-
“Os cidadáns
serán os perdedores desta reforma ao ver como se alonxa a Xustiza” afirman os
socialistas.
Os socialistas reaccionaron de forma
enérxica ao anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial aprobado polo
Goberno do PP o pasado venres e no que se da morte aos Partidos Xudicias e se crea un so Tribunal
Provincial do que poderían depender outros estamentos.
Para os socialistas esta decisión do Goberno
de Rajoy “apuñala a Lalín, supón unha ferida de morte porque o Partido Judicial
foi un dos alicerces que convirteu a Lalín en capital da comarca do Deza e
manten unha estrutura administrativa que non se pode perder se queremos seguir
sendo unha referencia na Galicia interior”.
Para González Aller,voceiro socialista,
“deixar a Lalín sen xuzgados ou adelgazalos como primeiro paso para a súa
desaparición supón un retroceso de case dous séculos para a nosa vila, un golpe
do PP e ao noso Concello que é desproporcionado e brutal”.
“A cabeceira xudicial, os Xuzgados,
avogados,xuíces ,fiscais,procuradores, administrativos...son moitos os
profesionais que se verían desprazados a Pontevedra, moitas familias, postos de
traballo e sobretodo unha referencia que fai que veñan a Lalín diaramente
moitos administrados e outros profesionais doutras zonas” afirma González Aller
quen denuncia que “en definitiva é levarse riqueza asentada en Lalín e
trasladala a Pontevedra,unha salvaxada co marchamo do PP”.
Por outra banda dende o PSOE local esperan
“unha resposta firme e contundente de Crespo,pois trátase dun ataque contra
Lalín que non se pode permitir e non entendemos como non está xa na pelexa” e
consideran que o alcalde de Lalín “tan belixerante cando se trataba dos
gobernos socialistas ten agora unha oportunidade para deixar de mostrarse como
un alcalde folcórico e oportunista e de verdade reclamar Xustiza para á súa
vila” .Por último aseguran que “non imos pasar por outra cousa que non sexa
manter o Partido Xudicial de Lalín sen ningunha rebaixa”.
Para O PsdeG-PSOE de Lalín as consecuencias
“van ser nefastas para Lalín, simplemente no plano simbólico xa é unha
barbaridade pero é que ademais isto sí que vai afectar demográficamente” e
lamentan “tanto pelexar polos 20 mil habitantes e vai vir o PP a deixarnos sen
eles”.
Dende o PsdeG-PSOE tamén afirman nesta
primeira valoración “que o alonxamento da Xustiza so beneficia á Administración
e non aos cidadáns que ven como se alonxa un servixo para que non recurran a él
logo de imporlle taxas que so benefician aos ricos”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario