PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

miércoles, 9 de abril de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN DEFENDE A CREACIÓN DUNHA FRONTE COMÚN COMARCAL CONTRA A PERDA DO PARTIDO XUDICIAL

  • Os socialistas lalinenses ven lamentable e sumisa a postura de José Crespo.
  • Esta é unha reforma para alonxar a Xustiza da xente, para poñer barreiras,unha recentralización que ataca a Lalín” afirma González Aller

O PSdeG-PSOE de Lalín manifestou hoxe a súa sorpresa e disconformidade coa resposta do alcalde de Lalín ante a Reforma da Xustiza e afirman que “é lamentable e patética a postura de Crespo, parécenos terrible que xa dea por finiquitado a figura histórica do Partido Xudicial de Lalín que foi o que convirteu a nosa vila en cabeceira comarcal”.

A posición de Crespo é irresponsable e sumisa, se o goberno fora doutra cor xa estaría poñendo pancartas no Polígono pola aldraxe que se está a cometer contra Lalín e os lalinenses” afirman os socialistas que consideran “improbable que o PP faga unha reforma como esta e deixe a administración e os recursos da Xustiza exactamente como están”. Os socialistas lamentan ademais que “Crespo lle da honras ,capas e pregóns a xente que logo ataca a Lalín sen contemplacións” en relación a Ruiz Gallardón.

Para González Aller é evidente que non hai ninguén que poida explicar “qué gañan os veciños e veciñas de Lalín con esta reforma, qué gañan os habitantes da Comarca do Deza ao ver como se lles alonxa a Administración da Xustiza?” e lamenta que se goberne “tan so para que os cidadáns de a pé non poidan acudir á Xustiza: primeiro con taxas xudiciais e agora levándose a administración lonxe, facendo unha recentralización contra os que menos teñen”.

O PSdeG-PSOE de Lalín estima “que é o momento de sumar forzas,facer unha fronte común para loitar cunha reforma que quere deixar a Lalín sen unha das poucas administracións importantes que lle quedan” e avoga por “xuntar a todos os partidos políticos, sindicatos, empresarios, asociacións e aos mais afectados,o persoal que traballa nese eido (funcionarios,avogados,procuradores,...) para plantarlle cara a esta barbaridade da dereita”
Os socialistas lalinenses xa recabaron o apoio dos compañeiros e compañeiras da comarca do Deza que “estarán tamén defendendo a Lalín pois non queren que lles alonxen a Xustiza” e entenden que tamén debería estar o PP “que ten que optar entre defender os intereses desta comarca e de Lalín en concreto ou defender a Rajoy e ao Ministro Gallardón,eles verán”.

Ademais os socialistas anuncian mociones contra a reforma nos Concellos da comarca do Deza e esperan que se sumen todos os Grupos Municipais dos outros partidos para lograr a unanimidade contra esta Lei inxusta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario