PSdeG-PSOE

PSdeG-PSOE
________________________

jueves, 10 de abril de 2014

O PSDEG-PSOE DE LALÍN ACUSA AO PP DE ENGANAR A POBOACIÓN SOBRE OS BENEFICIOS DOS GANDEIROS DE LEITE


“Veñen falar dun aumento de beneficios irreal pero non viñeron falar de cando as perdas eran millonarias” lamentan Nicolás G. Casares

Os socialistas lalinenses criticaron hoxe ao PP local pola recente visita do senador López Veiga para falar cos gandeiros e que “debuxou un mundo de marabillas no que os gandeiros da zona seica gañan millóns e millóns de euros” e lamentan que “se achega unha campaña electoral e como non saben a quen sacar de candidatos falan o primeiro que se lles acorda”.

Para o SºXeral dos socialistas lalinenses, Nicolás González Casares, resulta lamentable que Crespo e o PP “estean tratando de enganar a poboación e facer crer que se o prezo da leite subeu nos últimos tempos todo ese aumento se foi en beneficios” e sinala que dicir que “o beneficio dos gandeiros é de 18 céntimos por litro é enviar unha mensaxe falsa e envenenada aos posibles consumidores e á industria da distribución”.” Parece que dende o PP son os agoreiros da industria e veñen poñerse medallas agora que xa se apreza unha baixada do leite en orixe” afirman dende o PsdeG-PSOE local.

Se o leite estaba a 28 céntimos e agora está a 38 é unha boa noticia,pero cando estaba baixo os gandeiros perdían cartos cada día que producían leite” afirman os socialistas que engaden que “ daquela non facían contas das perdas millonarias que tivo o sector e que fixo desaparecer a moitas explotacións da zona”.

Para os socialistas o PP quere trasladar aos gandeiros o triunfalismo do Goberno Central “do mantra de que estamos saíndo da crise, pero esta non rematará para os gandeiros ata que poidan desfacerse das débedas contraídas nos últimos anos “ e afirman que en lugar do triunfalismo traballen por despexar incógnitas relativas ás axudas da PAC ou arredor da sobretaxa”


No hay comentarios:

Publicar un comentario