1.-PREGUNTAS QUE FORMULA O
CONCELLEIRO ABAIXO ASINANTE EN RELACIÓN CO CENTRO DE DÍA PÚBLICO EN LALÍN.
Na etapa do goberno bipartito na Xunta de Galicia, en concreto en agosto do ano 2005, a consellería de Vicepresidencia asina un convenio co concello de Lalín para a construción dun centro de día. Pouco despois, materializábase a cesión por parte do concello á Xunta dunha parcela no Regueiriño para tal fin. Despois do tempo transcorrido, estamos absolutamente seguros de que se o goberno da xunta fose doutro partido, o Sr. Crespo estaría demandando todos os días a súa construción, algo que por suposto non está facendo agora como por outra parte era de esperar pola actitude que ven demostrando ante os sucesivos e reiterados incumprimentos do seu partido, nas distintas administración que goberna, con Lalín; pero o que non esperabamos é que fose mais alá e que o propio alcalde mesmo descartase persoalmente unha inversión, como neste caso a dun centro de día de carácter público, que no seu día consideraba como algo «prioritario e de vital importancia para Lalín».
En relación con este
tema preguntamos:
1ª.- ¿Segue mantendo a súa afirmación pública de mediados deste mes de
xaneiro de que “temos dous centros de día
baleiros en Lalín”?.
2ª.-¿Por que Vde. se atreve a descartar definitivamente a construción
dun centro público de día en Lalín,
cando nin sequera a propia conselleira se atreveu a facelo?.
2.-PREGUNTAS QUE FORMULA O
CONCELLEIRO ABAIXO ASINANTE EN RELACIÓN COA CAMPAÑA DE EMPADRONAMENTO .
En novembro do ano pasado o Sr. Alcalde
calculaba que en Lalín residían entre 900 e 1000 persoas que non estaban
empadroadas e iniciaba unha campaña na que se marcaba como meta conseguir que a
metade delas se censasen en Lalín ó longo desa campaña. Para iso falábase de
“accións complementarias” para incrementar o padrón como “bonificacións
fiscais”, “recuperar os incentivos económicos por nacemento”, “fomento de
emprego” ou “medidas en materia de vivenda”.
A principios deste mes o Sr. Alcalde presentaba os datos da campaña de
empadroamento dicindo textualmente: «A campaña puido ser mellor, pero foi
razoablemente ben. Empadroáronse 130 persoas por riba da media habitual”.
En relación con este tema formúlanse as seguintes preguntas:
1ª.- ¿Que accións complementarias concretas das citadas anteriormente
se puxeron en marcha ó longo desta campaña?.
2ª.-¿Cómo explica que a campaña foi “razoablemente ben”, cando non se
acadou nin o 30% do obxectivo previsto?.
3ª.-¿Vanse a aplicar algunhas medidas complementarias na prolongación
da campaña que Vde. anunciou públicamente a principios deste mes?.¿Cales serían
esas medidas no seu caso?.
4ª.-Ata dous alcaldes do P.P. de concellos da nosa comarca, coas súas
respectivas familias, residen en Lalín. ¿Consigueu Vde. empadronalos en Lalín
nesta campaña?. En caso negativo ¿vai a intentalo na súa prolongación?.
3.-PREGUNTAS QUE FORMULA O
CONCELLEIRO ABAIXO ASINANTE EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE ABERTO NO SEU DÍA A UN
FUNCIONARIO MUNICIPAL.
Con data 22 de marzo de 2013, unha
empresa da localidade presentou no rexistro xeral do concello un escrito no que
se responsabilizaba a un funcionario municipal de presuntas irregularidades na
tramitación do expediente urbanístico Proxecto
de Urbanización AR-MP12. Con data 2 de maio de 2013 resólvese incoar
expediente sancionador, aínda que por erro na determinación do procedemento
aplicable, anúlase esa resolución e dítase unha nova o 20 de maio de 2013
incoando de novo o expediente disciplinario.
Transcorridos mais de 10 meses da
denuncia, e mais de 8 meses da incoación do expediente, nada se coñece do seu
estado ou da súa resolución.
En relación con este tema,
pregúntase:
1ª.- ¿En que fase se atopa dito expediente?.
2ª.-¿Existe –a día da data de contestación a esta
pregunta- algunha resolución (provisional ou definitiva) sobre o expediente.
4.-PREGUNTAS QUE PRESENTA O CONCELLEIRO ABAIXO ASINANTE NO PLENO
ORDINARIO DE XANEIRO POR IMPEDIRLLE O ALCALDE, VULNERANDO A LEGISLACIÓN DE
RÉXIME LOCAL, A SÚA FORMULACIÓN NO PLENO ORDINARIO CORRESPONDENTE Ó MES DE
NOVEMBRO.
Recentemente tivemos coñecemento da
adquisición por parte do concello de varios exemplares de carballo, en concreto
da variedade quercus palustris, por
un importe total de case 8000 €, a un prezo de 470€ cada un, a unha empresa
catalana.
En relación con este tema,
formúlanse as seguintes preguntas á
Alcaldía:
1ª.-¿Considera a alcaldía que é un gasto
absolutamente necesario, especialmente nesta situación de crise?
2ª.- ¿De quen foi a idea?
3ª.- ¿Cal vai a ser o destino seses
carballos?
4ª.¿Como se xustifica que se recorra a
empresas de fóra de Galicia para esa adquisición?.
ROGO QUE PRESENTA O CONCELLEIRO
ABAIXO ASINANTE Ó PLENO ORDINARIO DE XANEIRO POR IMPEDIRLLE O ALCALDE,
VULNERANDO A LEGISLACIÓN DE RÉXIME LOCAL, A SÚA FORMULACIÓN NO PLENO ORDINARIO
CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO.
No transcurso do pleno ordinario do mes de novembro, a alcaldía
queixouse repetidas veces de que na zona rural se levaba ós contedores
demasiada cantidade de lixo que non debería levarse e que facía moito mais
custosa a recollida do lixo. Se ben é certo que nalgúns casos se produce iso
con determinados restos de residuos
agrícolas e forestais, tamén é certo que acaban nos contedores de lixo gran
cantidade de papel, de cartón e de vidro que deberían estar nos contedores
específicos de papel e de vidro se realmente existiran na zona rural. En
consecuencia, e coincidindo coa necesidade de concienciar a toda a vecindade da
necesidade de levar ó contedor a mínima cantidade de lixo posible, resulta
absolutamente necesario nesa liña de dotar a todas as zonas rurais que non
dispoñan deles, de contedores de papel-cartón e de vidro, para que se poida
facer a recollida selectiva deste tipo de lixo, reciclala e en definitiva
reducir a cantidade de lixo que vai a Sogama. Por todo o exposto, formúlase á Alcaldía un ROGO para que se
dote ás zonas rurais, á maior brevidade posible de contedores de cartón e de
vidro.
Asdo.:
J.A.Cristóbal Fernández Vázquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario