- LAMENTAN O USO PARTIDISTA DA FEIRA E OS COMENDADORES COMO É HABITUAL EN CRESPO
- “HAI QUE REMATAR CON ESTAS COSTUMES LAMENTABLES” SINALAN DENDE O PSEDG-PSOE DE LALÍN.
Os
socialistas lalinenses reiteraron a súa petición un ano mais de
esixir que se eliminen dos actos da Feira do Cocido cuestións como o
“palco de autoridades” ou o “paseíllo” desas mesmas supostas
persoalidades. “Hai que suprimir da Feira do Cocido esas figuras ,
pois é unha vergoña que se manteña a separación entre pobo e
políticos” e engaden que “poñerse a unha altura superior é
propio de quen se cre por riba da xente”.
Ademais
os socialistas consideran esperpénticos “que nese palco de
autoridades sube xente do mais variopinta sne ningunha relación coa
feira ou con Lalín e ningunha representatividade pública” e
ironizan que “ algún día vai caer do que se enche cos invitados
importantes de Crespo”
Para
os socialistas bastaría un atril para o pregoeiro e “o pobo e os
políticos escoitando ao mesmo nivel, sen barreiras e sen
distincións” pois a imaxe que se da “é tercermundista e antiga,
doutros tempos” e o mesmo sucede co paseíllo das autoridades dende
o Concello ao antedito palco “unha mostra mais dos aires de
grandeza dalgún”.
Os
socialistas tamén denuncian que un ano mais “o alcalde Crespo fai
uso partidista da Feira do Cocido, algo que é de todos, non hai mais
que ver a nómina de comendadores chea de políticos do PP ou de
empresarios próximos de dudosa reputación como Enrique Cerezo” e
lamentan que Crespo so saiba rodearse “de banqueiros,empresarios,
mercachifles de terceira e politiquillos obviando ao pobo de Lalín”.
Así
os socialistas avanzan que “de non rectificar nos asuntos
solicitados, non volveremos participar do seu teatrillo e
limitaremonos a asistir aos actos oficiais no Concello para
posteriormente disfrutar da Feira con todos e todas os lalinenses e
os que nos visitan, sen separacións de clase”
No hay comentarios:
Publicar un comentario