- “ Devolvéronlle á empresa un aval de 346 mil
euros e cambiarono por un de 11 mil, agora quen vai pagar os desperfectos”
pregúntase gonzález Aller.
- “Crespo tarballa para Gaia: Pagoulle o
máximo posible por un edificio desfeito en 5 anos, están roubando aos
lalinenses” sinalan dende o PSdeG-PSOE local.
“SAQUEO” é a palabra usada polos
socialistas lalinenses para definir todo o que está ocorrendo na resolución do
contrato de Gaia Lalín Arena co Concello de Lalín. “Estamos ante un saqueo dos
cartos dos lalinenses con Crespo de colaborador necesario, é un auténtico
atraco o que está pasando” denuncia González Aller.
“Ninguén pode entender que se resolva o
contrato polo máxima cantidade posible sen negociar á baixa nun edificio cheo
de deficiencias, é como comprar unha casa vella e pagar por unha recén
construída” argumenta González Aller. Os socialistas lembran que pola compra do
Lalín Arena pagáronse casa 8 millóns de euros aumentando en mais de 4 millóns a
débeda municipal.
Pero a maior gravidade do asunto nesta
situación actual para os socialistas está en que “recentemente lle devolveron a
Gaia un aval de 346 mil euros e cambiaronllo por outro de 11 mil,polo tanto as
garantías actuais non dan para reparar nin por asomo ningunha das deficiencias
graves” e todo isto “feito con alevosía e cambiando as garantías a sabendas das
deficiencias previas pois xa foron definidas en informes técnicos previos”.
A incógnita para os socialistas radica en
“quen vai forzar agora a Gaia a reparar as deficiencias? Quen se vai facer
cargo de arranxar a cuberta? Pois á vista da situación a Gaia convenlle deixar
o Arena desfeito pois so perderá 11 mil euros e fará un negocio redondo gracias
a que o PP llo permiteu por unanimidade en Comisión de Goberno do 18 de
novembro de 2013”
González Aller denuncia tamén que antes de
devolver o aval de 346 mil euros Crespo manifestou en Pleno que “se non facían
as obras pertinentes serían feitas con eses cartos do aval que daban para
moito, pero o certo é que posteriormente devolveullo e agora é dunha cantidade
ridícula”.
Segundo os socialistas Crespo plantexoulle a
Gaia un negocio redondo polo Lalín Arena a costa de arruinar aos lalinenses
“pagar millóns e millón de euros por un edificio ruinoso en so 5 anos de idade
,cheo de deficiencias e devolverlle á cocnesionaria ás garantías polas que
podería executar as reparacións, un engano masivo e ruinoso que so pode atender
a intereses escuros do alcalde”.”Crespo traballa para Gaia e non para os
lalinenses” sentencia González Aller.
Os socialista lembran que a fianza de 346 mil
euros era pola totalidade da concesión “e debeuse manter así á vista dos
desperfectos brutais e a pesares de todo cambiarona por un aval que so cubría
os 3 meses de concesión que quedaban, un atraco que agora haeremos pagar os
cidadáns”
No hay comentarios:
Publicar un comentario