"
A Comisión Xestora da
Unión de Vigo, vén a informar que o próximo domingo,
día 9 de febreiro, se celebrará unha
Manifestación Unitaria dos tres sindicatos, UGT, CCOO e CIG.
O pasado mércores, 29
de xaneiro, remitimos a todos os organismos unha circular, onde explicabamos a
situación persoal que tiñan dous traballadores; un da UGT
e outro de CIG, por participar no ano 2008 nun
piquete informativo na Folga do Transporte de Mercadorías da Provincia de Pontevedra, na que pediamos a colaboración de recollida de
firmas para solicitar o indulto. Hoxe volvemos incidir no mesmo tema, así como
en que se mobilice ao maior número de Seccións Sindicais e afiliados/as a
participar o día 9 na Manifestación Unitaria,
que sairá da Praza dos Cabalos (Praza de España), ás 11:30 horas e finalizará na
farola da rúa Colón, cruzamento con Príncipe.
Para facer un
chamamento a toda a cidadanía, os tres sindicatos estamos a darlle cobertura
con megafonía e cuñas nos medios de comunicación. Pero o máis importante, é a
implicación do conxunto da organización, para que esta manifestación se
converta nun clamor social e cidadán, e o Goberno atenda a petición de Indulto.
".
No hay comentarios:
Publicar un comentario