-
O PSdeG-PSOE
local lamenta a súa marcha e valora o seu traballo durante os sete últimos
anos.
-
A súa
sustituta será a seguinte da lista,Marina Ferreiro da parroquia de Botos.
O PSdeG-PSOE anunciou hoxe a marcha da
concelleira Beatriz García Iglesias, renuncia que se produce por motivos
persoais . “Lamentamos que se produza despois dun traballo de case sete anos
que valoramos moito,ímola botar de menos” sinalou o voceiro socialista Manuel
González Aller.
Os socialistas consideran que “sen dúbida foi
unha boa concelleira, pero motivacións persoais fan que teña que abandoar antes
de que remate a lexislatura, está claro que non buscou aferrarse a ningún
sillón como fan moitos políticos”.Dende o PSdeG-PSOE aclaran que contan con
Beatriz García para seguir colaborando aínda que non sexa como concelleira pois
valoran as súas capacidades e aptitudes.
A chegada de Beatriz García Iglesiás á
política lalinense prodúzose no ano 2007 ao ser a número 2 da lista na que era
cabeza de lista o actual voceiro socialista lalinense. Beatriz García
destacouse no Concello de Lalín por levar asuntos moi próximos ao sentir da
veciñanza e de clara motivación social, de tal xeito que a súa última
intervención no Concello será defendendo unha moción en contra da reforma do
aborto que pretende o PP.
A sustituta de Beatriz García Iglesias será
Marina Ferreiro Rodríguez ,que ía en quinta posición nas listas do 2011, como
indican os socialistas “non houbo ningún problema para a sustitución pois entra
a seguinte da lista e Marina aceptou con moitas ganas, sabemos que tamén será
unha digna concelleira”.
A previsión dos socialistas locais é que
Beatriz García Iglesias abandone o Concello no vindeiro Pleno do próximo luns e
que Marina Ferreiro poida incorporarse xa para o pleno de Febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario