- O Grupo Municipal Socialista de Lalín solicitará de inmediato o convenio asinado.
Os
socialistas lalinenses ven bochornoso e revelador que “Crespo vaia
a Madrid a asinar convenios e prebendas cunha Universidade privada do
Opus Dei no nome de Lalín”. Para os socialistas resulta “moi
clarificador que Crespo elixa a universidades privadas do integrismo
católico mais reaccionario antes que as universidades públicas,non
so galegas (non hai convenio con A Coruña) se non utras estatais de
gran prestixio”.
“A
propietaria do CEU San Pablo é a Asociación Católica de
Propagandistas,polo que queda clara a liña ideolóxica que defende o
alcalde” sinala González Casares quen lembra “que Crespo foi a
apoiar a antiabortistas antes que debatir en Lalín sobre a reforma
do aborto, xa saebmos cal é a súa oposición”.
“Crespo
sitúase con Gallardón e aqueles de posicións reaccionarias que
pretenden obrigar ás mulleres a ter fillos con malformacións”
senuncia o Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Lalín e afirma “que é
evidente que marcou distancia con outra xente do seu partido mais
moderada pois en A Estrada votaron polo consenso na reforma do aborto
mentras en Lalín alinearonse coas teses do bando nacionalcatólico”.
Por
outra banda dende o PSdeG-PSOE afirman “descoñecer o ineterese
real para Lalín da sinatura do convenio,salvo para poñerlle a capa
de comendador a algún novo papador da curia católica” e sinalan
que o Grupo Municipal Socialista pedirá de inmediato o convenio
asinado para ver con detalle o contido e comparalo co de outras
universidades públicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario